O tempo en xeoloxía 1

2.1 A medida do tempo en xeoloxía

Moitos procesos xeolóxicos teñen lugar de xeito súbito ou mesmo catastrófico(terremotos, erupcións ou os furacáns)
A maior parte deses procesos prodúcense moi lentamente e teñen lugar durante miles ou millóns de anos.
Para medir o tempo en xeoloxía tómase como unidade o millón de anos, xa que nese tempo pódense dar feitos significativos.

2.2 A escala do tempo xeolóxico

Os científicos dividiron a historia en eóns, estes en eras e estas en períodos.
A historia dividiuse en tres eóns:

-O eon Arcaico: Comeza hai 4600 e remata hai 2500 millóns de anos. Caracterízase pola ausencia de organismos complexos.

-O eon Proterozoico: Comeza hai 2500 e remata hai 570 millóns de anos. Neste período aparecen organismos vivos complexos.

-O eon Fanerozoico: Comeza hai 570 millóns de anos e chega ata a actualidade.

Denomínase Precámbrico aos eóns Arcaico e Proterozoico, e dicir, antes do Fanerozoico

2.3 O calculo do tempo en xeoloxía: metodos de datación

Pódense efectuar de duas maneiras:
-Medindo o tempo real transcorrido: datación absoluta
-Comparando acontecementos: datación relativa

Datación absoluta: Pódese calcular a idade real dunha rocha

Os métodos radiométricos baséanse na existencia de elementos radioactivos en minerais que compoñen as rochas.
Estes elementos radioactivos transfórmanse espontaneamente noutros elementos estables 

Datación relativa: Copárase un feito máis antigo co que queres saber

Realízase comparando varios acontecementos e determinando se o feito a estudar é mais antigo ou máis recente que o elixido como referencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario