Os fosiles

4.1 Os fósiles, testemuños do pasado

Denomínase fósiles os restos mineralizados de seres vivos, así como as pegadas ou trazos da súa actividade vital sobre o substrato
O mais habitual é que fosilicen as partes duras e menos alterables dos animais e das plantas, coma poden ser ósos, cunchas, cachos, dentes, follas, froitos, etc
Tamén se consideran fósiles as impresións ou calcos marcados nas rochas por organismos de corpo brando
Non acostuman fosilizar animais ou vexetais completos

 4.2 A fosilización

Os restos dos seres vivos que se atopan á intemperie descompóñense rapidamente por medio da acción combinada dos axentes xeolóxicos externos e dos fungos e bacterias. Polo xeral, chegan a desaparecer completamente
A fosilización consiste nunha serie de transformacións químicas nas que se vai substituindo a materia orgánica por inorgánica, o que permite que conserven exactamente a estrutura e a forma do organismo orixinal



4.3 Fósiles guía

Utilízanse para determinar a idade das rochas que os albergan.
Non todos os fósiles pódense utilizar para datar
So os que viviron unicamente nunha determinada época da terra

Un exemplo son os amonites que viviron no mesozoico
Outro son os trilobites do Paleozoico


4.4 Información achegada polos fósiles

Indican a posición dos continentes no pasado
Serviron para demostrar a teoría da deriva continental
Indican os ambientes e climas da zona na que se encontran
Indican o proceso evolutivo 

No hay comentarios:

Publicar un comentario